CRTVG

Buscar

Coudet quere "escribir unha nova historia" no Bernabeu sen pensar nas estatísticas do Celta co Real Madrid

Publicado o 11/09/2021 20:47

O Celta rencóntrase mañá coa liga. Será no renovado Santiago Bernabéu, cun partido difícil que os de Coudet acabaron de preparar hoxe.

Para desprazarse á capital chegou xusto a tempo Renato Tapia, que se incorporaba á sesión despois de disputar o partido internacional contra o Brasil. Entrou na convocatoria, non como Kevin, que recibiu o alta médica pero non foi seleccionado polo técnico arxentino.

Todas as armas son poucas para visitar un estadio que non se lle dá ben ao Celta. Malia a iso, e que aínda non chegou esa primeira vitoria, Coudet é optimista.

Noticias web

11/09/2021