CRTVG

Buscar

Coudet: "O final dunha temporada non é un tema menor, dá a inercia e a ilusión para o futuro"

Publicado o 21/05/2021 21:26

• Haberá público, uns 2.600 espectadores, por primeira vez desde que empezou a pandemia para ver o primeiro equipo.

Coudet: "O final dunha temporada non é un tema menor, dá a inercia e a ilusión para o futuro"

O Celta quere poñerlle un broche brillante a unha temporada que comezou mal, chegou a ser cabeiro, pero vai rematar oitavo, 
independentemente do resultado de mañá ante o Betis, que vai pelexar por ser quinto. Gañar sería un premio ao rexurdimento do equipo. Balaídos será unha festa con 2.600 espectadores, haberá público nun partido de liga por primeira vez desde o comezo da pandemia. O Chacho Coudet convocou a case todos os xogadores, Sergio Álvarez incluido, coas excepcións de David Costas, Jorge Sáenz e Emre Mor. O máis probable é que non xogue Tapia, cunha recuperación recente. E si Iago Aspas, que andou uns días con lumbalxia. O técnico arxentino agarda un final feliz, que ilusione de cara a vindeira campaña.

 

Noticias web

21/05/2021