CRTVG

Buscar

Coudet: "Non vin o festexo de Denis porque estaba celebrando o gol"

Publicado o 28/09/2021 19:34

Non hai nada mellor que un triunfo para selar a reconciliación e aparcar as diferenzas. Cunha efusiva aperta, o Chacho Coudet e Denis Suárez celebraban a primeira vitoria do Celta en Balaídos.

Foi significativo o aceno afectuoso do Chacho, que mesmo lle deu un bico a Denis, logo de deixalo no banco de inicio. O de Salceda, protagonista tamén polas polémicas con Mouriño, respondeu co gol do triunfo. E puido por fin demostrar as técnicas de celebración de goles que ensaiou no verán, tal como lle pedira o propio Coudet.

Noticias web

28/09/2021