CRTVG

Buscar

Coudet non quere escusas polas baixas e polo horario en Huesca

Publicado o 06/03/2021 14:10

O adestramento deste mediodía despexará dúbidas. Saberemos se Juncá, que xa conta coa alta médica, entra na convocatoria. Se Néstor Araújo viaxa coa expedición a Huesca logo da súa elongación no partido contra o Valladolid e se Fran Beltrán é o elixido para substituír ao sancionado Renato Tapia. Coudet non quere escusas polas ausencias.

Tampouco polo horario, será o segundo partido que se xogue as dúas...e aínda quedará outro a próxima semana.

O celtismo estará pedente de Aspas. Marcoulle ao Huesca na ida, 30 de nadal. Dous meses despois quere deixar de petar no ferro e meterlle o medo no corpo aos de Pacheta.

E volverá Nolito ao once inicial, autor doutro gol na ida contra os aragoneses.

Noticias web

06/03/2021