Coudet e Cervera, contentos cos seus equipos malia o empate sen goles
Publicado o 19/04/2021 20:35
Un partido para esquecer no futbolístico o que xogou o Celta en Cádiz. O mellor, o punto colleitado e tamén a actuación de Hugo Mallo, que superou a Atilano como o segundo xogador que máis partidos disputou coa elástica celeste. Do de Marín foron as mellores ocasións, como un gol anulado por un axustadísimo fóra de xogo, sinalado polo VAR.
O empate deixa o Celta onde estaba, na zona de confort, lonxe do descenso, pero igual de lonxe de Europa. Coudet fala da cerrazón do Cádiz e Cervera dos pases inútiles do Celta.