Coudet conta con adestrar en Vigo xa nesta fin de semana
Publicado o 11/11/2020 16:24

Ou mañá ou o venres. Esas son as opcións da chegada de Eduardo Coudet a Vigo. A Porto Alegre chegou cos afeccionados ateigando o aeroporto. Seguramente o Celta impedirá unha imaxe similar en Peinador.
Chacho Coudet arranxou co Internacional brasileiro e chega ao Celta acompañado por catro persoas da súa confianza.
A súa idea é adestrar co grupo o sábado e o domingo. Coñecer os que están porque faltarán os que marcharon coas súas seleccións.