Coudet chega esta noite a Vigo e este sábado xa adestra o equipo
Publicado o 13/11/2020 16:40
Eduardo Coudet chega esta noite a Vigo e mañá ponse a traballar, sempre e cando as probas PCR as que foi sometido xunto os seus colaboradores acheguen un resultado negativo.
Se todo transcorre con normalidade, mañá dirixe o primeiro adestramento. En Balaídos, na Madroa ou en Barreiro.