Coudet: "O calendario non nos favorece. Sempre pensamos na Liga, pero tomamos a Copa en serio"
O lateral esquerdo Aarón Martín, primeiro reforzo invernal do Celta é a principal novidade na lista de convocados de Eduardo Coudet para medirse á VDE Eivisa, na segunda eliminatoria da Copa do Rei.
O técnico celeste citou a 21 futbolistas tras o adestramento vespertino deste luns na cidade deportiva Afouteza, entre os que non están os lesionados Sergio Álvarez, David Juncá, Iago Aspas e Nolito. Ademais, Coudet deu descanso ao lateral dereito Hugo Mallo e ao internacional colombiano Jeison Murillo, indiscutibles no equipo titular na Liga, e descartou por decisión técnica a David Costas e Jorge Sáenz, aos que a dirección deportiva segue buscando unha saída. Oito xogadores con ficha do filial viaxan co equipo a Eivissa: Miguel Baeza, José Fontán, Sergio Carreira, Iago Domínguez, Lautaro, Alfon, Holsgrave e Carlos Domínguez.
Para Coudet: "O calendario non nos favorece. Hai que adaptarse. Sempre pensamos na Liga, pero tomamos a Copa en serio".