CRTVG

Buscar

Coudet agarda que o Athletic propoña un partido "de moito desgaste físico"

Publicado o 27/08/2021 14:33

O técnico arxentino confirmou que Thiago Galhardo terá minutos se o partido o require

O Celta busca mañá ás 17:00 a primeira vitoria da temporada diante da súa afección. Esa é a premisa do equipo. Gañar ante un rival duro e combativo como é o Athlétic. Coudet acepta o reto da esixencia por parte dos afeccionados. 

E pode que Thiago Galhardo disfrute dos seus primeiros minutos no partido de mañá. O brasileiro entrou na convocatoria para o partido. Onte realizou o primeiro adestramento co equipo. Coudet recoñece que pode ser precipitado pero a necesidade apremia. Se o partido o require, Galhardo terá minutos. O brasileiro está encantado de recalar no Celta, baixo as ordes de Coudet.

Na conferencia de prensa o técnico arxentino explicou a necesidade da chegada dun central, o cambio doutro día de Carlos Domínguez por Aidoo e o que significa a volta ao banco despois da suspensión.

Noticias web

27/08/2021