CRTVG

Buscar

Coudet agarda pola mellor versión das individualidades do Celta

Publicado o 16/10/2021 14:19

"O Sevilla ten un dos cadros de xogadores máis completos e un dos mellores adestradores do fútbol español"

O Celta intentará recuperar mañá o voo en Balaídos, logo de ver freada a súa progresión co mal partido en Elxe xusto antes da parada.

Un partido que deixou varios contratempos en forma de molestias. A máis grave, a de Tapia, confirmouse coa rotura fibrilar que o vai afastar dúas semanas máis dos campos.

É a única ausencia da convocatoria de Coudet, que alertou na previa do potencial do rival. Tamén agarda que axiña se vexa a mellor versión das individualidades do Celta.

Noticias web

16/10/2021