Couceiro: "O proxecto do Deportivo feminino vai continuar na Primeira ou na Segunda categoría"
Publicado o 02/03/2021 21:14
Antonio Couceiro lanzou unha mensaxe de tranquilidade ao equipo feminino na súa primeira comparecencia coma novo presidente herculino.
O Deportivo Abanca xoga este mércores en Abegondo contra o Spórting Huelva, un rival directo. O equipo andaluz marca a liña da salvación, é décimo cuarto e sácalle 6 puntos de vantaxe ás branquiazuis.
Di o presidente deportivista que está garantida a continuidade independentemente da categoría en que lle toque xogar.