A Revista
Cotizacións semanais na Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda
Publicado o 17/07/2018 13:28
Coma todos os martes, a primeira parada neste tempo do Agro é na Central Agropecuaria de Galicia en Silleda. Hoxe volveron baixar os bacoriños.
En Silleda, o porco cebado quedou en 1,28 céntimos na categoría selecta, o da categoría normal quedou nun 1,25 e entre 0,63 e 0,69 céntimos o gando de desvelle.
O leitón quedou en 38 o dunha única procedencia, e en 33 euros o de varias.
As cotizacións para os ovos foron, na categoría XL ou supergrande, 1 euro e 60 céntimos;
na L ou grande, 1,21 euros; na M ou mediana, 1,04 céntimos, e na pequena ou S, 0,89 céntimos de euro.