Costa Rica ou A Riviera Maia: os galegos comezan a buscar destinos no estranxeiro
Publicado o 22/04/2021 21:31
Coa mobilidade aínda restrinxida, os galegos comezan a pensar nos meses de verán, no tempo de vacacións e hai ganas de viaxar ao estranxeiro.
Outros dos destinos abertos ao turismo son Costa Rica ou A Riviera Maia, onde non se esixe proba PCR para entrar, ao igual que nas Maldivas, que tampouco se pide proba en caso de estar vacinado. As axencias están a facilitar as condicións de cancelación.
Insisten en que viaxar é seguro e as axencias confían na vacinación para poder salvar a temporada.
Agardan que o 2021 sexa o ano da recuperación tamén para o seu sector.