CRTVG

Buscar

Costa advirte de que non pensa dimitir e fai unha última chamada para salvar os presupostos

Publicado o 26/10/2021 17:25

• Este mércores o Parlamento portugués vota os orzamentos sen contar aínda cos apoios necesarios

"O meu deber é non dar as costas nos momentos de dificultade e por iso non dimito", afirmou hoxe o primeiro ministro portugués, António Costa, quen abriu a porta para explorar todas as vías de diálogo para evitar un adianto electoral aínda que, advertiu, "non a calquera prezo".

A socialista Costa apelou hoxe á responsabilidade das distintas forzas políticas para sacar adiante o proxecto de Orzamentos de 2022, o máis social dos últimos anos, e evitar eleccións anticipadas en Portugal. No seu discurso ante o Parlamento luso durante a presentación das contas públicas, defendeu que o Executivo fixo un "esforzo serio de aproximación" co resto dos partidos. E dirixiu unha mensaxe contundente ao Bloco de Esquerda e o Partido Comunista, os seus antigos aliados políticos que agora lle dan as costas, para advertir de que "piden un pase máxico e non hai pase máxico que nos permita exceder a responsabilidade e o equilibrio". "Faremos todo para obter un acordo, pero non a calquera prezo", afirmou.

O anunciado rexeitamento da dereita, do Bloco de Esquerda e o Partido Comunista ao proxecto orzamentario para o próximo ano deixa ao Goberno socialista portugués en minoría sen posibilidades de manobra.

Noticias web

26/10/2021