CRTVG

Buscar

Cortizo crea unha división especializada en fachadas de rañaceos

Publicado o 24/12/2019 13:17

A empresa padronesa do aluminio Cortizo crea unha nova división para o impulso da súa internacionalización. Desenvolven solucións arquitectónicas para as fachadas dos grandes rañaceos.

A obra das Torres Dúo de París ou o Centro de Convencións Amador de Panamá son algúns dos proxectos en que xa traballan ofrecendo sistemas de fiestras, portas, paneis de composite ou na protección solar.

Cortizo vende en 60 países e o ano pasado facturou 636 millóns de euros.

 

Noticias web

24/12/2019