CRTVG

Buscar

Cortan o tráfico na ponte Luís I do Porto, que vai estar en obras un ano

Publicado o 19/10/2021 16:39

A ponte de Luís I do Porto está en obras. Durarán un ano e a ben seguro que vai supoñer máis dun atranco a quen visita a cidade portuguesa.

A ponte está xa pechada ao tráfico rodado, e iso significa que non se pode cruzala, por exemplo, para deixar o coche no aparcadoiro que está ao outro lado e que moitos galegos usan para despois dar un paseo pola ribeira do Porto.

Esta ponte, xa un monumento, seguirá aberta durante este ano en obras aos peóns, pero teremos que ir sorteando os traballos de reconstrución do firme da infraestrutura, moi danada polo uso e o paso do tempo.

 

Noticias web

19/10/2021