CRTVG

Buscar

Cortada por desprendementos a estrada LU-P-1910, á altura de Naraxa, na Fonsagrada

Publicado o 08/12/2020 17:53
Cortada por desprendementos a estrada LU-P-1910, á altura de Naraxa, na Fonsagrada

Os servizos de xestión territorial da Deputación de Lugo traballan en despexar a estrada LU-P-1910, á altura do lugar de Naraxa, na Fonsagrada, debido a un desprendemento de pedras que irrompeu na vía.

Diso informou a institución provincial, que sinala que mantén cortada a estrada, que une este concello da Montaña con Asturias, e que espera que esta semana se poida restablecer de novo ao tráfico, sempre que as condicións meteorolóxicas sexan favorables.

Ata o lugar desprazouse maquinaria pesada, unha pa e un camión, para proceder á retirada das pedras que caeron na vía. A Deputación habilitou desvíos alternativos e a sinalización correspondente para garantir a seguridade dos usuarios desta vía provincial e causar o menor prexuízo posible.