CRTVG

Buscar

Restablecen parcialmente o tráfico na A-55 en Verín, onde o incendio dun camión obrigou a desviar o tráfico

Publicado o 19/04/2021 13:37
Restablecen parcialmente o tráfico na A-55 en Verín, onde o incendio dun camión obrigou a desviar o tráfico

O tráfico na autovía A-52, que permanecía pechado en sentido a Vigo polo incendio dun camión que transportaba pranchas de escaiola, quedou restablecido a primeira hora da tarde. Con todo, só se permite a circulación por un dos dous carrís, xa que o dereito segue cortado.

O corte realizouse no punto quilométrico 155, á altura de Verín, e desviouse a circulación cara a N-525.

Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Verín, a Garda Civil de Tráfico e o GES da Gudiña. Ardeu a cabeza tractora e parte do remolque. Non houbo feridos neste suceso.