CRTVG

Buscar

Correos proba un proxecto en Lugo para achegar servizos ao rural

Publicado o 08/04/2021 15:11

Irene sae á porta para atender a carteira e de paso aproveita para mercar un sobre que precisaba. Este é un dos novos servizos dun proxecto piloto que Correos está a probar nas zonas rurais da provincia de Lugo.

Tanto venden produtos postais básicos como fan de intermediarios no pago de recibos. Todo a través de aboamentos con tarxeta. Porén, tamén poden entregar cartos en efectivo para que a veciñanza non teña que se desprazar ata un caixeiro.

Esta iniciativa ten como obxectivo facilitar o día a día no rural. Ata agora, no núcleo do Cebreiro, por exemplo, tiñan que desprazarse uns 30 quilómetros para ir á oficina central de Becerreá.

Lugo é Xaén son, polo momento, as únicas provincias onde se están a probar estes novos servizos que despois se irán ampliando a outras zonas.

Noticias web

08/04/2021