CRTVG

Buscar

Correos prevé instalar entre 75 e 80 caixeiros no rural galego

Publicado o 24/08/2021 15:56

O presidente de Correos, José Manuel Serrano, manifestou este martes a súa intención de aumentar o parque de caixeiros automáticos en oficinas de Correos do rural e calculou que instalarán en Galicia entre 75 e 80 dispositivos.

Díxoo en declaracións á prensa antes de manter un encontro co delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, quen indicou que preguntaron aos concellos que lugares non teñen entidades bancarias para telo en conta nesta planificación.

Correos terá operativos nos próximos meses tres caixeiros en Galicia, nas poboacións de Samos, Barbantes, en Cenlle e Cortegada.

Por outra banda, abordaron os plans para dixitalizar as pequenas oficinas rurais e ampliar os seus servizos, como a oficina da localidade pontevedresa de Catoira, que no pasado mes de xullo se converteu nunha das sete primeiras de España en ser dixitalizada.

Noticias web

24/08/2021