CRTVG

Buscar

Correos ofrécelles aos peregrinos selar a súa credencial de xeito dixital

Publicado o 19/08/2021 15:57

2.500 quilómetros dende Bélxica ata Santiago. Son os que fixo Christine coa súa bicicleta, que agora vai mandar de volta ao seu país por Correos.

O transporte de bicicletas no Camiño é un dos servizos que ofrece Correos aos peregrinos, pero o máis demandado é o pack mochila. Os carteiros levan as mochilas e equipaxes de aloxamento en aloxamento para que os camiñantes non carguen con elas. En agosto a demanda é moi alta.

Agora nas principais oficinas de Correos de Galicia tamén van ter outro servizo engadido: un selo específico para a credencial dixital. E para os clásicos e románticos que aínda lles gusta mandar postais do Camiño, alí en Correos véndenllelas e tamén selos conmemorativos do Xacobeo.

Na oficina de Santiago os peregrinos, ademais, poden acudir á consigna de Correos, que estes días desborda de mochilas cheas de experiencias no Camiño.

Noticias web

19/08/2021