Correos abre o prazo de inscrición para 109 postos de persoal laboral fixo en Galicia
Publicado o 23/11/2020 19:22

A empresa pública acaba de convocar 109 prazas fixas en Galicia. Máis da metade son para repartimento, mentres que o resto se dividen entre atención en oficinas e axente de clasificación.
O proceso forma parte dunha oferta de case 3.400 novas prazas en toda España. Os interesados teñen ata o 1 de decembro para apuntarse.