CRTVG

Buscar

Correa implica excargos do PP na trama da Gürtel en Boadilla

Publicado o 29/03/2021 19:22
Correa implica excargos do PP na trama da Gürtel en Boadilla


Francisco Correa, líder da Gürtel, recoñece, nun escrito remitido á Anticorrupción, o pagamento de comisións e implica a excargos do PP na actividade da trama no concello madrileño de Boadilla. A confesión faina con vistas ao xuízo que se ha celebrar en setembro polas actuacións da Gürtel nese municipio de Madrid. Correa, que é o principal acusado nese xuízo, recoñece os delitos que lle imputan e pide unha rebaixa da pena de 76 a13 anos por colaborar.

Nese xuízo, o PP está acusado de ser partícipe a título lucrativo. Actualmente, Correa cumpre 51 anos cadea pola coñecida como primeira etapa da Gürtel.

 

Noticias web

29/03/2021