CRTVG

Buscar

Coristanco sobe ao nivel alto de restricións

Publicado o 28/04/2021 14:59

Saboréanse os cafés no interior dos bares, sabendo que serán dos últimos que se poidan tomar de aquí ao venres. Unha situacion que en Coristanco case se esperaba, tras o aumento de casos na última semana.

Entrar nese nivel alto restricións supón un novo revés para o sector hostaleiro, ás portas dunha fin de semana de celebracións.

Na Laracha a incidencia do coronavirus na última semana tamén sorprende os veciños, que entenden que se tomen medidas para evitar males maiores

Aquí, bares e restaurantes si poderán seguir servindo dentro dos locais, pero só ao 30 por cento da capacidade e cun máximo de 4 persoas por mesa.