CRTVG

Buscar

Corenta e seis casos nun gromo detectado nunha conserveira de Cangas

Publicado o 13/05/2021 13:54

Os primeiros casos naconserveira canguesa trascenderon a semana pasada e a empresa tivo que parar a produción; daquela o Sergas convocou un primeiro cribado, este luns houbo outro organizado pola empresa e o martes vindeiro está programado outro. O Sergas confirma 16 casos dentro da empresa e 46 en total entre empregadas e familiares e contactos, para a empresa non son tantos.Fontes próximas á dirección apuntan que hoxe se segue traballando na cadea.

A Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos ANFACO apunta que o de Lago Paganini é un caso puntual entre os 12.000 operarios do sector en Galicia. A preocupación medra en Cangas onde xa este venres comezan co nivel alto de restricións. Con servizo de hostalería só nas terrazas e ao 50%

Non todas as operarias afectadas son de Cangas polo que o gromo podería afectar a outras localidades do Morrazo

Noticias web

13/05/2021