CRTVG

Buscar

Coren saca á venda este Nadal unha edición limitada de 10.000 unidades da pularda do convento

Publicado o 17/12/2020 20:27

Estas son as pulardas do convento que se crían durante catro meses na granxa das monxas de Santa Clara, en Allariz.

E isto fai que a súa carne sexa máis tenra e entrefebrada. Un sabor único, din, froito do coidado das monxas de clausura e a súa alimentación a base de millo e cereais seleccionados.

Este é un dos produtos máis valorados e especiais dentro da gama que saca Coren para o Nadal. Adoita pesar uns tres quilos e preséntana nunha caixa de madeira. E a súa produción é limitada e numerada.

Unha opción diferente para as ceas do Nadal. E este ano a pularda é tamén solidaria, por cada quilo de pularda vendida Coren doará un quilo de alimentos a Cáritas, a Fundacíón Amigos de Galicia e o Banco de Alimentos de Ourense.

Noticias web

17/12/2020