Coren e Terras Gauda alíanse para sacar ao mercado lacón con grelos en conserva
Alianza entre Coren e Terras Gauda
Dous dos principais grupos empresariais de Galicia acaban de aliarse para presentar un novo produto conxunto: o lacón con grelos en conserva. Coren e Terras Gauda confían en reforzar a súa presenza no mercado con esta alianza.
O Lacón con grelos é un dos pratos distintivos da nosa gastronomía, e arredor deste menú nace unha alianza empresarial de dous dos principais grupos alimentarios do noso país. Coren, e Terras Gauda, a través de Conservas A Rosaleira, lanzan o seu novo produto enlatado para beneficiarse das súas liñás de comercialización.
O lacón con grelos en conserva, feito con produtos 100 % galegos, estará dentro de poucas semanas nas tendas.
Os dous grupos empresariais deixan aberta a porta a novas colaboracións.
O ano pasado, Coren facturou máis de mil millóns de euros e Terras Gauda superou os doce millóns.