CRTVG

Buscar

Copa do Rei: Eivisa-Celta, Xirona-Lugo, Pontevedra-Cádiz e Deportivo-Alavés

Publicado o 18/12/2020 13:46

Hoxe coñecimos os emparellamentos para a segunda rolda da Copa do Rei que se disputará a principios de xaneiro con catro equipos galegos que siguen na competición

O Celta visitará o Eivissa, de Segunda B. O cadro balear ven de eliminar o Compostela.

O Lugo ten un rival difícil. Da súa categoría. Visitará o Xirona.

O Pontevedra agardaba un grande e a Pasarón chegará o Cádiz, que onte acababa co soño do Ribadumia.

E o Deportivo recibirá o Alavés, no que xogan Lucas Pérez, Joselu, ex-deportivistas, e o excéltico Jota Peleteiro.