CRTVG

Buscar

Copa América: O Brasil-Chile, campioa e bicampioa, bátense no comezo dos cuartos de final

Publicado o 02/07/2021 21:04

O trofeo da Copa América busca dono. O torneo entra esta madrugada nos cuartos de final, cos favoritos ben posicionados, empezando polo Brasil.
A eliminatoria estrela é a que enfronta á anfitrioa e actual campioa contra Chile, vencedora das dúas edicións anteriores, e que se profesan un gran respecto.

Tite, Seleccionador do Brasil: "Un bicampión da Copa América contra o último campión. ten unha grandeza maior"

Martin Lasarte, Seleccionador de Chile: "Brasil é o gran favorito. Non descubro nada pero no fútbol nada está feito ata que ocorre. Os favoritismos e a historia están ben para ler. Agora hai que xogar"

Brasil -Chile e Paraguai- Perú son os enfrontamentos desta madrugada. Para a noite do sábado ó domingo quedan os dous partidos que ofrece a Televisión de Galicia: Arxentina -Ecuador e Uruguai-Colombia. Os de Tabárez levan un torneo bastante irregular, e sobre todo hai debate con Luiz Suárez, con apenas un gol marcado. Pero chegada a eliminatoria Colombia non se fía.

Gustavo Cuéllar, Selección de Colombia: "Vai ser moi importante para nós ter sempre a pelota. Quitarlla rápido para que non teñan espazos nin ideas"

O último semifinalista saírá do Arxentina-Ecuador. Con Messi, centrado na súa enésima oportunidade de gañar un título coa albiceleste. De momento é o máximo goleador do torneo con tres tantos. O equipo de Scaloni leva 17 partidos invicto. Verémolo ás tres da madrugada do sábado ó domingo pola primeira canle da TVG.
 

Noticias web

02/07/2021