CRTVG

Buscar

Copa América: Brasil cede un empate para pechar a fase de grupos con gol do madridista Militao

Publicado o 28/06/2021 21:10

Brasil cedeu un empate no derradeiro partido da fase de grupos da Copa América. Non precisaba máis para pasar ós cuartos como líder. Brasil marcou primeiro contra Ecuador, a balón parado, cun cabezazo de Eder Militao ós 37 minutos. Centrou desde o lateral Everton.

O tanto do defensa do Real Madrid mereceu un baile con Douglas Luiz e Lucas Paquetá.

Empatou Ecuador no segundo tempo, nunha acción que partiu dun saque de esquina. Ecuador aproveitou a segunda xogada e Angel Mena bateu a Alisson. Ecuador tamén se clasifica, como cuarta. O seu técnico Gustavo Alfaro era contrario a que se celebrase este torneo e crítico con que os futbolistas recibisen as vacinas antes que o resto dos cidadáns. Pero ademais o seleccionador de Ecuador é un fan do brasileiro Tite, ó que lle pide por favor que siga no cargo para gañar o Mundial co Brasil. "Vostede dignifica isto. Siga loitando, por favor, porque vai facer Brasil campioa do Mundo. Pídollo por favor", confesoulle no saúdo ó final do partido.

Queda eliminada Venezuela, última de grupo trala derrota pola mínima contra Perú. Marcou André Carrillo á saída dun corner ós 48 minutos. Renato Tapia celebrou o gol e o pase a cuartos. Perú escolta a Brasil con dúas vitortias e un empate.

De madrugada resolvese o grupo A, co Bolivia-Arxentina e o Uruguai-Paraguai, cos dous xa clasificados, e os de Berizzo veñen de gañarlle a Chile. Tras estes partidos quedarán configurados os enfrontamentos de cuartos de final.

Noticias web

28/06/2021