Copa América: a semifinal Arxentina-Colombia, esta madrugada ás 3:00 h na TVG
Arxentina busca a final da Copa América, repetir o duelo de 2004 ou 2007 contra o Brasil pero cun desenlace favorable. Porque Arxentina e Messi necesitan o título pero primeiro teñen que superar a Colombia.
Lionel Scaloni, seleccionador arxentino: "Temos ganas de chegar á final e a fame destes xogadores é evidente. Levamos dous meses concentrados para isto, cunha ilusión bárbara".
Na mesma liña, Rodrigo de Paul, a inminente fichaxe do Atlético de Madrid.
Rodrigo de Paul: "Estamos dispostos a loitar ata o final para darlles unha alegría a todos os arxentinos".
Arxentina acaba de superar nos cuartos de final a Ecuador. E Colombia botou da Copa América a Uruguai nos penaltis. Contra Arxentina, os cafeteiros teñen sobre todo fe.
Juan Guillermo Cuadrado, Selección de Colombia: "Xogamos unha final contra Arxentina. Imos dar o 200 por cen e confiar na vontade de Deus".
Arxentina confia en Messi, enchufado nesta Copa América e a un gol de igualar a Pelé como máximo goleador suramericano. Outra conta pendende co Brasil.