Convocan a 3.000 persoas en Verín para facer unha PCR
Publicado o 01/05/2021 17:23
Nas dúas primeiras horas do cribado, que comezou ás nove da mañá, 800 persoas que foran citadas por SMS xa tiñan feita a PCR.
É o sentir xeral, satisfación por participar no cribado.
Oito enfermeiras fan probas simultáneamente para acadar o obxectivo nunha soa mañá.
En casos de risco, tamén se achegaron aos coches a facer algunha PCR.
Verín ten 23 veciños contaxiados coa covid.
Nótase a preocupación en Verín tras sufrir unha segunda vaga moi complicada.
Cunha incidencia a 14 días superior aos 150 casos por 100.000 habitanes Verín está este sábado no nivel medio de restricións.