CRTVG

Buscar

Convocados este sábado a cribados máis de 2.200 mozos de Muxía, Silleda e Santa Comba

Publicado o 21/08/2021 14:25

Son imaxes doutro dos cribados poboacionais do día, o organizado en Muxía. Esta localidade da Costa da Morte figura entre a trintena de concellos galegos en nivel alto de restricións. Ten a día de hoxe 48 casos activos, o que representa unha incidencia acumulada a catorce días de máis dun milleiro de contaxios por cen mil habitantes.

A este peneirado, mediante probas PCR, foron convocados arredor de 450 veciños, todos de entre 15 e 30 anos.

O cribado de Muxía e o organizado entre a mocidade de Silleda desenvolvéronse en horario de mañá, e xa acaba de comezar outro en Santa Comba que durará toda a tarde, para 800 rapaces de 16 a 26 anos.

Noticias web

21/08/2021