Convocado para o 13 de xullo o plenario de En Marea no que abordarán a renovación da dirección
Publicado o 02/07/2019 21:53
En Marea celebrará o 13 de xullo un plenario co que a formación busca reformularse tras a última crise que acabou coa ruptura do grupo parlamentario. Abordarán a renovación dos órganos de dirección, incluído o Consello das Mareas, que leva desde decembro incompleto porque varios críticos non tomaron posesión. Villares volverá someterse ao referendo dos inscritos sete meses despois de que o elixiran.
"Que sexan as inscritas as que decidan se a dirección que está neste momento debe continuar ou non e tamén completar esa dirección para que estean activos os 35 membros do consello", di Ana Seijas, vicevoceira de En Marea.