CRTVG

Buscar

Citadas máis de 15.000 persoas este sábado en Galicia para continuar coa vacinación

Publicado o 15/05/2021 16:18

Un proceso que continúa sen pausa nesta fin de semana. Máis de 15.000 persoas están convocadas este sábado nos distintos puntos de vacinación.

Son 3.600 os convocados nesta área sanitaria da Coruña-Cee, a maioría neste centro de Expocoruña. Persoas que van poñer a segunda dose, ou que entran na repesca que está facendo o Sergas para aqueles que non se puideron vacinar na primeira convocatoria. Van recibir a pauta de Pfizer ou de Moderna.

Nesta ocasión, na Cidade da Cultura en Santiago os vacinados teñen entre 50 e 59 anos e reciben a primeira dose da vacina de Moderna. Administraráselles a segunda en 28 días. Están citadas durante a xornada unhas 7.000 persoas.

 

 

 

 

 

 

 

Noticias web

15/05/2021