CRTVG

Buscar

Contundente derrota do partido do presidente Fernández nas primarias lexislativas da Arxentina

Publicado o 13/09/2021 17:58
EFE

O oficialismo arxentino anotou este domingo unha contundente derrota na maioría dos distritos do país segundo o escrutinio provisional das eleccións primarias celebradas hoxe, en que os cidadáns estaban chamados a elixir os candidatos para os comicios lexislativos do 14 de novembro.

As listas de precandidatos a deputados presentadas polo gobernante Fronte de Todos foron as máis votadas en sete das 24 xurisdicións arxentinas, e as de senadores só foron as máis votadas en dúas das oito provincias ás que este ano lles toca elixir representantes para a Cámara Alta.

 "Evidentemente algo non fariamos ben para que a xente non nos acompañe como esperabamos que nos acompañe, e todos os que estamos aquí escoitamos o veredicto da xente, con respecto e moita atención", dixo o presidente Alberto Fernández, quen se comprometeu a traballar para reverter o resultado nas xerais de novembro.

Estes comicios cobraban especial importancia por facerse durante a pandemia e por ser os primeiros con Fernández como presidente, polo que os analistas os consideraron unha sorte de plebiscito á súa xestión, marcada pola pandemia e a continuidade de longa recesión que se iniciou en 2018, cando aínda gobernaba Mauricio Macri. E é precisamente a coalición opositora á que pertence Macri, Xuntos polo Cambio, a que se converteu na protagonista da xornada, ao conseguir que as súas listas foran as máis votadas na maioría de xurisdicións.

Na provincia de Bos Aires, que congrega o 37 % do padrón nacional, as dúas listas de precandidatos a deputados que presentou a fronte opositora, congregan o 38,08 dos sufraxios, co 93,92 % de votos contabilizados no cálculo provisional -o definitivo, a cargo da Xustiza, iniciarase o vindeiro martes-. S

Noticias web

13/09/2021