CRTVG

Buscar

Controversia no Goberno pola suba do salario mínimo

Publicado o 14/12/2020 09:20

Aquí en España, o Goberno inicia as negociacións para decidir se sobe ou non o salario mínimo. Hai dúas correntes.

A reunión entre o Goberno, a patronal e os sindicatos terá lugar mañá ao mediodía, e o executivo afróntaa dividido no que respecta á subida, ou non, do Salario Mínimo Interprofesional.

Por unha banda, a ministra de Traballo deixou caer a posibilidade de incrementalo; agora mesmo está en 950 euros mensuais. Pero a responsable de Asuntos Económicos, Nadia Calviño, non ve con bos ollos esta medida e asegura que a prioridade do Goberno debe ser conter os custos das empresas.

A patronal apoia esta conxelación do SMI, mentres que os sindicatos desexarían subilo alomenos ata os 1.000 euros mensuais.

É normal que ante esta mesa de diálogo sindicatos e patronal amosen posturas enfrontadas.

O que xa non é tan habitual é que estas discrepancias se encontren dentro do propio Goberno, cun sector disposto á suba salarial e outro a favor da conxelación.

Noticias web

14/12/2020