CRTVG

Buscar

Controlan os incendios que se reactivaran no vertedoiro de Zaldibar

Publicado o 21/02/2020 19:04
Controlan os incendios que se reactivaran no vertedoiro de Zaldibar

O vertedoiro de Zaldibar volveu arder este venres. O lume xa está controlado desde primeiras horas da tarde, pero non se descarta que se volvan reactivar os incendios polo que se mantén un retén de vixilancia. Tamén se levantaron as medidas preventivas de non ventilar as casas pola noite nin facer exercicio ao aire libre para os veciños do barrio de San Lourenzo, de Ermua.

Noticias web

21/02/2020