Controlados os incendios de Monforte, Porto do Son e Lobeira
Estabilizado o incendio de Fisterra, con 130 hectáreas calcinadasde monte. Na zona traballaron catro axentes, doce brigadas, oito motobombas e seis helicópteros e xa se despregaron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias.
O incendio de máis gravidade, o de Monforte e Pantón, xa está controlado e os equipos de extinción traballan agora na zona para arrefriala, reforzar os cortalumes e evitar que reavive. 465 hectáreas arderon en apenas cinco horas e foi preciso evacuar, por precaución, vivendas de diferentes núcleos rurais dámobolos dous concelos lugueses.
Tamén se deu por controlado a media mañá o lume que afectou o núcleo de Miñortos, en Porto do Son, e que calcinou 89 hectáreas de monte. Respecto do incendio que se declarou no concello ourensán de Cenlle, dase por controlado e arrasou un total de 45 hectáreas. Ademais, conseguisde controlar o lume en Lobeira, tamén en Ourense, que deixou 85 hectáreas queimadas.
Tamén se declararon pequenos lumes en Meaño e na Illa de Arousa pero puideron ser sufocados antes de causar danos de importancia.