Controlado un incendio nunha planta de reciclaxe en Asturias
Publicado o 30/08/2021 22:18
En Asturias, declárase un incendio nunha planta de reciclaxe no concello de Llanera.
O lume comezou pasadas as tres e media da tarde nuns fardos de papeis. As lapas acadaron un camión e estendéronse despois por varias naves. Cinco parques de bombeiros levan toda a tarde traballando na zona. Dende as sete da tarde dan o lume por controlado. Pero as lapas continúan consumindo material e provocando un enorme fumazo. Dous traballadores do complexo teñen queimaduras leves.