CRTVG

Buscar

Controlado un incendio na bodega dun barco no porto da Coruña

Publicado o 20/02/2019 09:20

Bastante aparatoso foi un incendio que se declarou na bodega dun barco, no porto da Coruña. Transportaba fariña de soia. O lume prendeu na zona de máquinas e puido ser controlado antes de que se estendese polo barco. Na zona concentrouse un forte dispositivo de urxencias. O resplandor puido verse dende boa parte da cidade. 

Noticias web

20/02/2019