CRTVG

Buscar

Controlado un incendio no Algarve tras arrasar máis de 6.000 hectáreas

Publicado o 18/08/2021 08:56

En Portugal, máis de 600 bombeiros, con douscentos vehículos e 11 avións loitan contra o lume. As autoridades portuguesas consideran que o incendio está controlado despois de arrasar máis de 6.000 hectáreas preto da fronteira con España en Huelva.

O lume entrou nos municipios de Tavira e Vila Real de Santo Antonio e a prioridade dos equipos de extinción era evitar que as lapas continúen avanzando cara ao sur.


 

Noticias web

18/08/2021