CRTVG

Buscar

Controlado un incendio forestal na Coruña que queimou 15 hectáreas en cinco horas

Publicado o 26/05/2020 21:41
Controlado un incendio forestal na Coruña que queimou 15 hectáreas en cinco horas

Un incendio forestal declarado na tarde deste martes na zona de Bens, na Coruña, quedou controlado ás 20.52 horas

O lume, que calcinou unhas quince hectáreas en cinco horas, iniciouse na parroquia de San Pedro de Visma ás 14.53 horas, momento en que varios particulares deron aviso aos Bombeiros da Coruña e ao 112 Galicia

Medio Rural mobilizou dous axentes, seis brigadas, catro motobombas, unha pa, dous helicópteros e dous hidroavións. Ademais, dúas dotacións de seis persoas dos Bombeiros da Coruña tamén traballaron para sufocar o incendio forestal. 

Así mesmo, a Policía Local e a Policía Nacional desprazáronse á zona para controlar os accesos. Segundo indicaron os Bombeiros do parque da Grela, trátase dunha zona "de moi difícil acceso", encima da depuradora, e os labores de extinción víronse dificultados porque había "moito vento".