CRTVG

Buscar

Controlado o incendio forestal de Porto do Son tras calcinar 35 hectáreas

Publicado o 22/07/2020 23:25

O incendio declarado este martes no concello de Porto do Son, na Coruña, foi controlado tras queimar unhas 35 hectáreas, informa a Consellería do Medio Rural. O lume comezou ás 16:51 horas de onte en Nebra e obrigou a decretar a situación 2 de alerta pola súa proximidade ás casas, que con todo foi desactivada ao redor das 23:30 horas xa que o control das lapas evolucionou favorablemente.

Así, logrouse estabilizar ás nove desta mañá. No control deste incendio, que provocou momentos de tensión pola súa proximidade ao núcleo de Queiro, participaron 15 axentes, 22 brigadas, 20 motobombas, dúas pas bulldozer e helicópteros e seis avións.

Noticias web

22/07/2020

Máis sobre Porto do Son