CRTVG

Buscar

Control nos bares de praia en Cangas para evitar aglomeracións

Publicado o 04/08/2020 13:26

Alertados por algúns veciños, os axentes da Policía Local de Cangas atoparon aglomeracións e xente sen máscara nas proximidades do bar de praia de Massó, onde se ía celebrar un concerto.

Os axentes desaloxaron os asistentes, pero horas máis tarde comprobaron que o bar continuaba aberto, excedendo, presuntamente, o horario permitido.

Dende o Concello de Cangas xa anunciaron que van controlar este tipo de establecementos nas propias praias.

A policía controlará non só que se cumpren os límites de capacidade de cada establecemento, senón que tamén se respectan os horarios de peche. En casos de incumprimentos procederán ao peche preventivo dos locais.

Noticias web

04/08/2020