CRTVG

Buscar

Control de acceso e máscara para ir á fervenza do Ézaro

Publicado o 09/06/2020 15:36

Para caer en fervenza no océano, o Xallas ten que atravesar o granito do monte Pindo. E nós, para velo, temos que atravesar un control para evitar contaxios.

E logo percorrer a nova pasarela camiñando pola dereita, evitando tocar a varanda e sempre coa máscara posta. E facelo polo día, que este ano suspenderon a iluminación nocturna para evitar as aglomeracións habituais. 

Malia o artificial das obrigadas medidas, o espectáculo natural non perde o seu engado.

Noticias web

09/06/2020