CRTVG

Buscar

Controis policiais nas estradas próximas a Santiago por mor do peche perimetral

Publicado o 20/12/2020 15:57

Fin de semana intenso no tocante a controis de mobilidade. Son moitas as cidades e vilas que teñen restricións neste sentido. O peche perimetral de Santiago fai que volvamos ver controis policiais nas estradas próximas ao municipio. 

Desde o mércores pasado pola noite, Santiago volvía estar pechado perimetralmente pola mala evolución epidemiolóxica da cidade.

Moitos condutores que este domingo querían saír ou entrar en Compostela atopábanse en varias estradas de acceso controis da Garda Civil, coma o de Aldea Nova, en Bertamiráns.

Os axentes colocaban a sinalización, ían parando os condutores e pedíndolles a documentación. Moitos conseguían pasar. Outros non tiveron a mesma sorte e non se libraron da sanción.

Cada un daba as explicacións oportunas, e algunha delas non estaba dentro dos supostos permitidos para saír ou entrar de Santiago.

Lembren que a mobilidade está permitida por motivos laborais, médicos, por regresar ao lugar habitual de residencia e por coidado de maiores ou dependentes.
 

Noticias web

20/12/2020