Controis de mobilidade na comarca de Santiago
Publicado o 15/11/2020 20:32
Moi preto do Val de Vea, nas lindes entre o concello da Estrada e o de Teo, atopamos estar tardiña controis de mobilidade. Axentes da Policía Local e da Garda Civil participaron nestes operativo de control coincidindo co momento de retorno da fin de semana. Hai varios concellos de restricións na comarca e os axentes procedían a tramitar propostas de sanción para aqueles condutores e ocupantes que se desprazaban sen un motivo xustificado.