CRTVG

Buscar

Continúan os tremores na área metropolitana de Granada

Publicado o 29/01/2021 21:32



Os expertos avisaran de que habería réplicas, pero, aínda así, o medo non cesa. ( Ambiente ) na metade dun pleno do Concello en Vega del Genil ou no medio da rúa. A rúa, novamente o lugar, para moitos, máis seguro.


Foi onte á noitiña e tivo unha magnitude de 4,3 graos na escala de Ritcher. O epicentro estivo outra vez na localidade granadina de Santa Fe. Aquí moitos veciños pasaron a noite ao raso, nos coches ou en campamentos improvisados.


Medo nas casas e tamén neste centro escolar. Os docentes piden suspender as clases presenciais tras os danos provocados nos últimos terremotos. Danos en moitos lugares de Santa Fe, houbo mesmo que cortar rúas por risco de desprendementos.


Din os expertos que esta cadea de tremores pode durar aínda semanas ou mesmo meses, pero serán de pouca intensidade. O Instituto Xeográfico Nacional detectou desde o sábado e nesta zona de Andalucía preto de 500 tremores.




 

Noticias web

29/01/2021