Continúan os desprazamentos entre Portugal e Galicia, malia o peche da comunidade
Desprazamentos nos pasos fronteirizos entre ambos os dous países. No de Tui-Valença a primeira xornada do peche perimetral rexistra un movemento moi similar aos doutros días.
O paso de vehículos en ambas as dúas direccións é constante tamén no paso fronteirizo da A-55 ao seu paso pola ponte internacional.
A ambos lados da fronteira, ausencia de controis e de indicacións que advirtan do peche perimetral que comezou a pasada medianoite e que se manterá ata o final da ponte da Constitución.
Os galegos cren que a falta de controis supón un risco para a saúde, xa que a epidemia medra no norte do país veciño, mentres descende en Galicia.
Galicia pediulle ao Goberno central ese peche de fronteiras que prohibe a mobilidade co país luso, con isto o Goberno galego quere evitar os desprazamentos sobre todo na zona norte, onde as rexións limítrofes con Galicia presentan unha alta incidencia do virus. O primeiro ministro luso di que xa pasou o peor.
Desde a Delegación do Goberno afirman que hai 132 patrullas para os festivos.